Caxade presenta E isto é o amor

O grupo inclúe toques de electrónica no seu novo traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Caxade presenta E isto é o amor

Santiago de Compostela acollía onte apresentación de E isto é o amor, novo disco de Caxade logo do recente Premio Martín Códax da Música que obtivo o conxunto. A seguir coa fórmula de A dança dos moscas, o cuarteto mantén a aposta por acordeóns e metais como base para temas poéticos e reflexivos, aos que engade sons electrónicos coa incorporación de sintetizadores e acordeóns MIDI e un maior peso das percusións nalgúns temas. O álbum sae á luz baixo a etiqueta de Discos da Máquina e foi gravado nos estudios A Ponte de Tomás Ageitos. A xira de presentación ten datas previstas en Compostela (21 de maio), Ponteceso (22), Pontevedra (28), Lugo (4 de xuño) ou Bueu (11) entre outras.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caxade, Ponteceso, Bueu, Santiago de Compostela...