Grampoder debuta con Golf Whiskey

Un concerto en Compostela o día 7 servirá de presentación ao proxecto de dous membros de The Homens

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Golf Whiskey

Capa de Golf Whiskey

Martin Wu e LeRoi, membros de The Homens, voltan á carga mentres deixan descansar este grupo cunha nova formación. Co nome de Grampoder lanzan Golf Whiskey, un álbum con doce temas de "rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, hardcore comeflores", segundo eles mesmos definen o proxecto. Unha proposta artesá e de pequeno formato coa que o dúo pretende desenvolver concertos privados e para públicos reducidos e que se gravou nos estudios composteláns A Ponte. O volume estará dispoñible a comezos do mes de maio en formato físico da man de Discos da Máquina, e ata entón o grupo está subindo a Bandcamp os temas que o compoñen. O vindeiro día 7 de maio un concerto na Casa das Crechas, en Compostela, servirá de presentación do traballo, e a xira continuará por Cervo o día 10.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Folk, Rock, Casa das Crechas...

Claves

Entidades
Conceptos