Grampoder dá a coñecer o seu Amuleto

A sala Sónar, en Santiago de Compostela, acolle a presentación do novo álbum do dúo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Grampoder dá a coñecer o seu Amuleto

Once anos despois da súa presentación, o dúo Grampoder, composto polos antigos membros de The Homens LeRoi e MartinWu, presenta neste 2024 o seu cuarto álbum. Os dez temas de Amuleto afondan na vaga de rock escuro con influencias indies do seu anterior traballo.

Percusións densas e un baixo potenciado da man de LeRoi combínanse coa distorsión das guitarras e a voz de Martin Wu nunha colección de cancións que manteñen o interese por temas coma "o tedio vital, a traizón de baixa intensidade aos principios propios, o doloroso paso do tempo e a posición do individuo fronte a un mundo que o impulsa a unha vida irracional e insatisfactoria", segundo salienta a presentación do traballo.

Gravado por Jacobo Iglesias e Adrián Longart nos Estudios Potemkin, o álbum ten este 3 de maio a súa presentación ao vivo cun concerto na compostela Sala Sónar a partir das 22 horas.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Sónar, Santiago de Compostela, Rock, Spotify...