Electropop puro no estilo dos anos 80, con Tino Casal ou Javiera Mena como referentes confesos. Esta é a proposta que fai Alex Casanova nos oito temas do seu primeiro traballo. Antagonasia sae á luz da man dun novo selo, Crispis Records e mestura melodÃas luminosas con letras que, segundo o seu autor, tenden ao escuro. Todos os temas están en castelán agás o último, Xeado de limón, que xa fixera parte do álbum colectivo Bababum. Os interesados en coñecer o proxecto teñen unha oportunidade hoxe na sala Sonar de Santiago de Compostela, onde se fará unha presentación do proxecto.
Os 80 voltan con Alex Casanova
O cantante presenta o seu primeiro traballo, Antagonasia