Carme Penim fecha 2020 con Cantos de terra e sal

A cantante adapta dez temas da tradición ao seu particular estilo neste novo álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Carme Penim fecha 2020 con Cantos de terra e sal

A coincidir co final do ano 2020, Carme Penim acaba de presentar Cantos de terra e sal, un disco no que achega dez novos temas. Neste proxecto a cantora afonda na mestura letras tradicionas con tons líricos e aires de jazz. Segundo explica a propia artista na presentación da obra, na base deste proxecto están os romances e cantos que coñeceu na súa infancia no Couto Mixto, "mestura de galego e castelán, traídos polos antigos seitureiros que saían traballar a Castela". Así, a obra aposta pola "fusión deses antigos cantares, así como dalgunhas cancións das máis coñecidas da súa terra, como Negra sombra, Camariñas ou Lela, arranxadas por ela" e "interpretadas na maneira ecléctica e sen fronteiras que caracteriza o traballo" de Penim.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Castela, Camariñas, Medios de comunicación