Ataque Escampe presenta Violentos anos dez o seu novo disco

A obra está dispoñible para descargar libremente en A Regueifa

4/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo de apostar polo "decrecemento", o grupo Ataque Escampe presenta Violentos anos dez,o seu cuarto disco. Cunha aposta polos ritmos da música negra do sur do Estados Unidos, como o soul ou toques country, a banda achega letras menos sarcásticas do que en anteriores traballos. O disco, gravado no estudios Abrigueiro de Lugo, está autoeditado e achega dez temas, que se poden descargar de balde no web aregueifa.net baixo licenza Copyleft. Neste mesmo mes porase a venda a vesión física do disco, que achega as letras e mais un tema "freestyle". No seu blog, o grupo explica polo miúdo cada unha das cancións que inclúen neste traballo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estados Unidos, Lugo

Claves