Fanny + Alexander adapta textos de poetas galegos no seu novo traballo

Alfaias achega 11 temas pop con licenza Creative Commons

7/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Xa está na rúa (e na rede) o terceiro disco do dúo compostelán Fanny + Alexander. Seguindo na súa liña pop, Alfaias achega once temas que van do electrónico ao acústico e que contan con letras dalgunhas das máis destacadas voces da poética galega actual. Mario Regueira, Emma Couceiro, Yolanda Castaño ou Daniel Salgado son algúns dos autores que se integran no proxecto. En canto a son, o disco conta coas colaboracións de Martin Wu de The Homens, Carlos Valcárcel de Projecto Mourente ou Alex Charlón de Ataque Escampe. Alfaias está editado baixo licenza Creative Commons e pode descargarse de balde no web A Regueifa Plataforma ou adquirise neste mesmo web e en tendas.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Creative Commons, Daniel Salgado, Mario Regueira...