O terceiro disco do trÃo The Homens xa está na rúa en tres formatos, ante isto o nome do disco, “Tres”, estaba cantado. O novo traballo do grupo compostelán de powerpop comezouse a gravar no mes de xullo nos estudos Ultramarinos Costa Brava de Santi GarcÃa, tomou forma no verán e agora xa está nas tendas de todo o paÃs. Trátase dun disco cargado de letras acedas, retrousos pegadizos e moita diversión. Apostando por un deseño atrevido e atractivo a discográfica Falcatruada edita este disco en formato especial: 500 copias en vinilo de 12”, incorporando un disco cos temas en mp3 e un póster no interior; tamén hai unha versión en CD en formato económico en digipack. O trÃo formado por Martin Wu, Roi e Xocas xa ten como costume publicar as súas composicións baixo licenza Creative Commons e o disco enteiro agás dúas cancións pode descargarse desde o sitio web do grupo.
Máis información en La Voz de Galicia