Sonhos é unha formación xurdida no ano 2003 en Salamanca e que como trÃo xa presentaron en 2007 un disco a través do netlabel A Regueifa do que agora recuperan tres temas para a súa primeira edición en CD. O novo disco Sonhos, homónimo do grupo, ofrece nove temas máis un engadido dos que tres son versións escollidas de Bruno Martino, Meredith Wilson e Peninha e os outros seis son temas propios. A súa musica basease nunca viaxe a través de diferentes xéneros, sen fronteiras musicais e apostando pola fusión de estilos conxugando matices de fado, de bolero, de bossa, de folk, de jazz e a variedade de idiomas, con letras en galego, inglés, portugués, castelán e italiano. O disco esta editado polo grupo a través do selo Autoedita de Falcatruada e distribuÃdo pola Lonxa Cultural. Sonhos está formado pola voz e composición de Susana Garrido, a guitarra de Jose Patricio Saura, o contrabaixo de Óscar López e a trompeta de Pedro Garrido.