Galego para días libres

Bababum propón actividades e música na nosa lingua para as vacacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
Capa de Bababum

Capa de Bababum

Un caderno didáctico con actividades para vacacións dirixido aos máis novos da casa en galego, castelán e inglés. E que inclúe un disco con temas de Aries, Grampoder, Wild Balbina, Musel, Álex Casanova, Javi Pretty, Montañas e Sacramento. Bababúm vacacións é un proxecto que xorde do traballo de Cinta Arribas e María Ramos e mais de Carlos Pereiro (Carlangas de Novidades Carminha) na parte musical. Segundo explican os promotores, a intención desta iniciativa é propor actividades que pais e fillos poidan desenvolver en conxunto. Os interesados en coñecer polo miúdo o proxecto terán unha ocasión na Romaría Pop que se celebra no compostelán parque de Belvís o vindeiro 15 de xuño.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlangas, Pop

Claves

Protagonistas
Conceptos