Holywater lanza Wasteland

O álbum editado por Ernie Records, sae en vinilo e CD

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Wasteland

Capa de Wasteland

Dous anos depois do seu anterior traballo, Holywater retornan ao mercado discográfico con Wasteland, o seu quinto disco. Once temas orientados ao rock máis clásico, achegándose ao son de Neil Young e Crazy Horse. Un traballo gravado en Ultramarinos Costa Brava por Santi García, que tamén actúa como coprodutor, e que sae á luz da man de Ernie Records. O álbum está dispoñible en tendas, no web de Ernie Records e mais en plataformas dixitais como Spotify. Os interesados en coñecer o traballo en directo teñen unha opción o vindeiro 23 de xaneiro na Sala C de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Spotify, Santiago de Compostela

Claves

Entidades
Conceptos