Maryland pasa Los años muertos

Trece temas marcan o paso do grupo ao castelán cun novo batería

28/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Da man de Ernie Records, os vigueses Maryland presentan o seu terceiro traballo. Los años muertos achega trece temas nos que a banda combina a potencia das guitarras con letras emotivas que afondan na súa liña de indie-pop. Gravado nos estudios Ultramarinos de Sant Feliú de Guíxols, o novo traballo supón a incorporación de Alex Penido á batería e o cambio do grupo ao castelán como idioma das letras. O disco está xa dispoñible na rede e sairá á venda en CD o vindeiro 5 de novembro. O traballo presentarase ao vivo o vindeiro 15 de novembro nos Directos de Radio3 e mais na madrileña Sala el Sol. O día 23 o grupo visitará a Madrigras da Coruña e o día 30 serán recibidos na Fábrica de Chocolate de Vigo.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares