A banda viguesa Maryland está a presentar os temas do seu cuarto disco longo, Resplandor (Subterfuge, 2018). Despois de tres disco editados co selo galego Ernie o grupo ficah agora polo selo indpendente madrileño Subterfuge, un referente da esena independente española no que tamén editan bandas como Corizonas, Cycle ou Viva Suecia entre outros. Dez anos despois dos seus inicios musicais e con máis de 250 concertos ás costas Maryland volve apostar por cantar en castelán igual que no seu anterior traballo Los Años Muertos (Ernie, 2013) tras dous primeiros discos cantados en inglés. Dez temas de power pop de guitarra, enerxético e mantendo a frescura malia a condición veterana da banda. O disco, que sae en CD e en vinilo, está producido por eles mesmos e foi gravado por Pancho Suarez de Lis nos Estudios Planta Sonica II de Vigo e mesturado por Santi GarcÃa nos Estudios Ultramarinos de Sant Feliu de Guixols. As letras falan de continuidade e do paso do tempo, normal dado o longo perÃodo de cinco anos pasados tras o anterior traballo. A banda está actualmente formada por catro compoñentes: os irmáns Rubén e Pablo Castelo Moure, Alex Penido (ex- The Blows, ex-Igloo, etc) e Erick Puccioni Gerke. Tras presentar en concerto en La Fábrica de Chocolate da súa cidade agora a banda iniciará unha xira de concertos.