
Presentados nos meses anteriores dous adiantos, os temas '1997' (con vÃdeo) e 'Aparecer', o disco, xa dispoñible en plataformas ofrece seis temas novos dos grovenses. O EP conta coa produción a cargo de Martà Perarnau (Zahara, León Benavente, Juno) e o enxeñeiro de son Pablo Pulido (Estudio Uno). Cancións que reúnen un son familiar e recoñecible con novos azos. O novo traballo soa a reencontro e descubrimento e lémbranos por que Nadadora non desapareceu do noso recordo e do noso imaxinario musical. Estes temas que falan de comezos, de perdas, de permanencias e ausencias, capturan a esencia do que fixo de Nadadora unha presenza musical distinguible no seu entorno musical con identidade propia. Con el a banda reconectará sen dúbida con aqueles que xa a seguÃan antes e chegará a novos públicos para os que será un descubrimento valioso. O disco, ademais do formato dixital publÃcase tamén en vinilo. O reencontro co público, en directo, aÃnda non ten datas precisas que a banda comunicará máis adiante e seguro que xa hai moitos fans desexando coñecelas.





