Case seis anos separan o novo disco longo de Igloo, "Planes para dÃas grises" (Ernie Records), do anterior, "Aquellos maravillosos daños" (Ernie Records, 2017). Este estreado traballo, que fai o sétimo nos 18 años de percorrido da banda de Caldas de Reis é o froito, como moitos, da etapa do confinamento forzado e xa foi avanzado desde entón con tres cancións adiantadas (Aniversario, Los amantes mariposa, La distancia entre dos puntos). Tres anos de preparación tivo a saÃda deste álbum cos seus once novos temas traballados ata o detalle e que consolidan un estilo caracterÃstico da banda presente en todos os pasos da súa evolución disco a disco desde aquel inicial álbum homónimo Igloo ( Junk records, 2005) no que a banda apostaba por un son máis alternativo, ruidoso e escuro que foron pulindo cara a un estilo máis luminoso e achegado ao pop, sen perder a profundidade as referencias intelixentes e o intimismo reflexivo das letras de Beni Ferreiro, unha constante da banda. O disco gravouse en Metropol Studios (Madrid) por Isaac Rico contando na produción con Juanma Latorre (compositor de Vetusta Morla).
Con este "Planes para dÃas grises" os Igloo expresan sensacións moi propias do momento no que xurdiron as cancións, cunhas ansias de vivir con máis ganas tras do confinamento que se reflicten en moitos dos temas e reflexións existenciais ligadas a elementos cotiáns. A formación cumpre este o 18 anos de idade, unha "maiorÃa de idade" na que compre destacar un percorrido no que houbo momentos de éxito como os recoñecementos acadados. O premio do Público nos II Premios de la Música Independiente antes UFI, agora MIN) en 2010, varios galardóns pos seus videoclips, nos que a banda sempre fixo unha aposta adiantada en termos xerais ao común na escena galega ata fai poucos anos. Os de caldas de Reis tamén tiveron gran aceptación en directo, conseguindo ser abreconcertos do grupo Franz Ferdinand en San Sebastián tamén no ano 2010 tras vencer no certame que se convocou para seleccionar os asistentes do conxunto británico. Tras diso a banda actuou en multitude de salas e en destacados festivais, como Portamérica, Primavera Sound, Festival de la Luz, O Son do Camiño ou Sonorama Ribera entre outros, aÃnda que nos últimos anos a súa presencia foi diminuÃndo ou as súas actuacións quedaban relegadas ás franxas horarias menos agradecidas destes eventos. A súa consistencia musical, demostrada de novo neste traballo e tamén co compromiso visible no proxecto, é merecente dun oco mellor na industria musical pola súa solvencia e calidade. "Planes para dÃas grises" está dispoñible xa nas plataformas dixitais e a formación comezará a presentalo en directo o vindeiro dÃa 24 de marzo, no Auditorio de A Estrada, tras diso estarán o dÃa 31 en La Fábrica de Chocolate exa hai citas concertadas para maio (Melide), xullo (VilagarcÃa de Arousa) e setembro (Madrid).