Os Boyanka Kostova (Chicho e Cibrán) xa teñen desde hoxe o seu propio álbum de referencia infernal como todos os grupos de culto desde finais dos anos setenta. 'Foliada no Inferno' (Ernie records, 2024) é o sexto disco longo deste dúo que é bandeira do novo rap en galego. O disco preséntase como "un tratado de 'escarnio e maldizer'", nel, O Chicho do Funk (Ortiga) e Cibrán García maldín todos os males do seu tempo: as relacións sociais, as drogas, o desamor... Pero isto sempre dende o escarnio, mantendo o seu característico toque de humor retranqueiro nas súas letras. Fai menos dun ano que publicaban o seu anterior LP ' Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados? (Ernie Records, 2023) co que aínda poden gañar nuns días o Premio Min a Mellor Álbum en Galego e agora suman esta referencia, afastada no son da anterior, cun resultado moito máis ecléctico e nun traballo máis longo (11 temas fronte aos 10 do anterior) e que xa desde a portada representa unha antítese co do ano pasado.
O disco comeza coa canción 'A Resposta', un himno autorreferencial do grupo, Tras diso 'Bo chaval' e 'Comida, viño e cancións', coa habitual estética formada por bases escuras graves e partes cun acelerado rap. Séguenlles tres temas de corte amoroso onde xa a estética sonora dá un xiro radical: 'Que che den polo cu', en forma de reguetón; 'Todo me sabe a ti', unha bachata romántica e 'Fóra da Lei', un corrido tumbado coa colaboración de Conjunto Amistá. Nestes temas Boyanka Kostova saca a relucir a súa parte más latina, algo que non fixeron previamente na súa discografía como dúo aínda que si se podía observar máis claramente no traballo en solitario de Ortiga (Chicho). Xustamente é a partires deste corte do disco cando a escoita busca producir esa sensación de 'foliada infernal' á que fai referencia o título do álbum. O tema 'Doimakara', xa sube o ritmo con vista a desencadear un frenesí nas pistas de baile, un efecto moi buscado algo máis adiante coa ese 'Italofeira' que foi adianto do disco, un tema inspirado na estética das grandes discotecas do rural galego da década dos 2000, mesturando italotechno cunha reinterpretación do tema popular 'Baila Queridiño' en clave de muiñeira. Os temas de peche, a 'Foliada no Inferno' que dá nome ao disco e revela o concepto, mestura o trap con instrumentos tradicionais, para culminar con éxtase de techno escuro. Pon o peche do álbum 'Rayo solar', canción que segue a tradición dos rapeiros de pechar discos cun tema que leve a palabra 'raio', e que funciona como unha especie de diario no que os artistas expoñen o seu punto vital.
Para 'Foliada no inferno' os Boyanka Kostova contan con diversas colaboracións , como Camel Blando e O.G. de FO Records no tema Porralume. Da música tradicional cabe destacar a presenza de artistas como o gaiteiro David Bellas, a pandereiteira Marina Vidal e o músico Manuele Pardo no tema que dá nome ao disco. Para a gravación contaron co Hevi e a produción é do propio Chicho. 'Foliada no inferno' xa está dispoñible, ademais de nas plataformas dixitais, en formato físico cun vinilo coidado e realmente especial. Será o vindeiro 20 de abril cando Boyanka Kostova leve este novo traballo ao escenario na Sala Capitol (Santiago de Compostela) ainda que é de agardar que xa se poidan escoitar algúns dos novos temas este sábado, 6 de abril, durante a súa participacuión no Ría Fest de Noia.