Nadadora presentan o seu terceiro disco Luz, oscuridad, luz

A banda do Grove cambian de discográfica neste traballo de madurez

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A formación grovense Nadadora ven de sacar ao mercado o que é o seu terceiro traballo de longa duración Luz, oscuridad, luz co que poden asentar a súa presenza no panorama do pop indie nacional. Para este disco a banda comeza unha nova etapa da man do selo pontevedrés Ernie Records tras os anteriores traballos con Jabalina. O álbum gravouse nos estudios Abrigueiro de Lugo baixo a produción do coñecido Fino Oyonarte (Super 8, Los Planetas) e coa colaboración de Arturo Vaquero. Once temas forman esta nova oferta discográfica que xa está a venda tamén en formato vinilo e no que a banda mantense esencialmente fiel ao seu estilo sen renunciar a dar un paso de madurez e experiencia.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grove, Pop, Lugo

Claves

Conceptos
Lugares