O novo disco da banda grovense Nadadora xa está nas tendas desde hoxe mesmo

A Nadadora do Grove

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
Hoxe sae á venda o segundo álbum de longa duración do grupo Nadadora. A carreira deste sexteto afincado n´O Grove xa conta con dous discos anteriores, o mini CD "Aventuras dentro de cajas" en 2004 e o álbum "Todo el frío del mundo" en 2005 que conseguiron que este grupo fose collendo un espazo propio na música e aumentando paulatinamente o número de seguidores. O seu novo álbum "Hablaremos del miedo" ten 10 cancións cantadas en castelán e algunha, “Todo o mundo protesta", en galego como xa é habitual nos anteriores traballos. O disco, editado polo mesmo selo dos anteriores, Jabalina Música, foi gravado nos estudios Círculo Polar de O Grove e masterizado por Alan Douche. e incorpora como novidade a introdución de instrumentos de corda e vento, así como arranxos orquestrais.

Máis información en Sono-Tone

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As músicas que nacen (IV): O Grove

As músicas que nacen (IV): O Grove

Terra natal dos desaparecidos Nadadora, hoxe dá lugar a formacións variopintas como The Allnight Workers ou Telephones Rouges

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grove

Claves

Lugares