Despois de seis anos de actividade os composteláns Samesugas presentan o seu primeiro disco longo

Alá van os Samesugas

19/5/2006 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
Os composteláns Samesugas teñen xa listo o seu primeiro disco longo “Alá Vai!” (H Records). O disco mantén a esencia punk desta banda con seis anos de vida e máis dun cento de concertos ás costas. O disco está gravado nos estudios Bonham da Coruña e editado polo selo catalán H Records e preséntano nun concerto de conmemoración do cuarto aniversario do selo na Sala Capitol o xoves 1 de xuño. Aínda que é o primeiro disco longo, con catorce cancións, non é a primeira gravación do grupo que xa ten varios EP e un vinilo. O grupo presentará o seu traballo nunha xira que os levará polo resto da península e polo Reino Unido, Benelux e Escandinavia.

Máis información na edición diaria de Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Sala Capitol, Reino Unido

Claves

Lugares