Disco Las Palmeras! ameaza con Asfixia

O terceiro álbum do grupo está xa dispoñible na rede

10/4/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O terceiro traballo de Disco Las Palmeras!, Asfixia, está xa dispoñible en formato dixital e ten aberto o prazo de reserva para a súa edición en vinilo. Dez temas de indie potente e guitarreiro no que as voces adquiren máis protagonismo, acompañadas de sintetizadores ou chelos e onde predominan os sentimentos sombrizos e a raiba nas letras e na música. O proxecto, gravado no madrileño Studio B, poderá coñecerse ao vivo no noso país o vindeiro 22 de maio coa actuación do grupo na Zona C de Compostela, o 23 no Playa Club da Coruña e o 6 de xuño no Clavicémbalo de Lugo.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo

Claves

Lugares