Dous anos despois do seu Mauna Loa, Guerrera presenta o seu terceiro álbum, que bautizou co seu propio nome. A revista Rockdelux ten dispoñible desde hoxe para escoita en streaming o novo proxecto, no que o grupo galego achega catro novos temas. O vindeiro 18 está previsto o lanzamento da edición fÃsica, nun duplo LP. Arden cruces muertas, Mecánica certeza, Calixe e Abakuá son os tÃtulos cos que o cuarteto amosa que está en plena forma e que continúa a súa aposta pola psicodelia, nesta ocasión a render homenaxe ao poeta Milton. O grupo visitará Compostela o vindeiro 19 de novembro para presentar este traballo no marco da festa Mataparty. A maiores, prevé concertos en Pontevedra (9 e 10 de decembro), A Coruña (16 e 17), Vigo (30), Ourense (13 de xaneiro) e Lugo (14).