Lendrone presenta UNO

O grupo debuta con once temas de experimentación electrónica

18/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Dous anos logo de presentar o seu primeiro EP, a banda coruñesa Lendrone debuta no formato longo. UNO sae á luz da man da discográfica Matapadre achegando 11 cortes de electrónica e post rock con influencias do máis variado. O disco chega ás tendas hoxe mesmo e pódese escoitar íntegro desde a pasada semana no web da revista Rockdelux. O traballo gravouse nos estudios Círculo Polar e masterizouse nos JJ Golden de Ventura, California. A sala La Iguana de Vigo acolle o vindeiro día 22 o concerto de presentación do proxecto.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Cortes, California, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares