Burgas Beat retorna con Todo lo que vamos dejando atrás

O grupo presenta o seu terceiro disco no Café Cultura Auriense o 5 de maio

3/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Todo lo que vamos dejando detrás, de Burgas Beat

Todo lo que vamos dejando atrás é o título do terceiro disco do grupo ourensán Burgas Beat. Manténdose no seu estilo pop, o conxunto presenta nove temas nos que destaca unha aposta pola electrificación do son do grupo. Gravado nos estudos Abrigueiro de Friol, o proxecto está editado en vinilo e en CD da man de Peggy Records, Rock Indiana e Qué Queres Edicións. O Café Cultural Auriense, de Ourense, acolle o vindeiro 5 de maio o concerto de presentación deste traballo.

Canda a este lanzamento, a banda ten dispoñible para a escoita no web Bandcamp un mini-LP, Retales no que recolle seis versións que realizaron para diferentes discos de homenaxe e que, nalgúns casos, permanecían aínda inéditas.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Pop, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares