Cando cumpren dez anos, e cunha candidatura aos Premios MartÃn Códax da Música, O Sonoro MaxÃn presenta o seu segundo álbum de estudio. Setedezasete conmemora esta década de traballo ao tempo que xoga co carácter de números primos das dúas cifras e lembra que estes "son os dÃas de feira en Ourense". A banda continúa coa súa fusión de estilos na Galicia Tropical nos doce novos temas que ven a luz baixo o selo Inquendanzas Sonoras. Ská, cumbias, acordeóns, metais e guitarras eléctricas danse cita en cancións que queren poñer a bailar a todo o paÃs. A banda inicia nesta mesma noite no Café Cultural Auriense unha intensa xira de presentación. A Cidade das Burgas acolle tamén o dÃa 22 a segunda cita, desta volta no Café Cultural El Pueblo. Carballiño (28 de abril), Bueu (dÃa 30), Pontevedra (5 de maio), Vilar de Santos (7 de maio) ou San Sadurniño (12 de maio) son as seguintes actuacións previstas. O disco está en libre descarga no propio web do grupo.