Logo de cinco anos de traballo en escenarios e obras colectivas, o grupo O Sonoro MaxÃn lanza o seu debut discográfico. A onda sonora (chega do interior) presentouse o pasado 14 de abril no Café Cultural Auriense da cidade das burgas e achega 13 temas cunha boa dose de cumbia e ritmos como vallenatos ou rancheras. Canda a cancións habituais dos seus directos, o grupo achega un feixe de obras compostas para a ocasión. O traballo, autoeditado, foi producido por Kaki Arkarazo e gravouse entre os seus estudios de Andoain e mais en Tooma Recordings, de Ourense. A obra está dispoñible integramente para a descarga no web do grupo, para alén de contar cunha edición en CD con imaxe de David RubÃn.
O Sonoro MaxÃn continúa agora unha intensa xira que ten no Porriño (28 de abril) en Bueu (29) as súas vindeiras paradas. O grupo prevé participar tamén na homenaxe aos Resentidos o vindeiro 12 de maio, no Festival de Cans e mais no festival Derrame Rock. Para os dÃas 10 e 11 de xuño anuncian unha xira itinerante polos barrios de Ourense que dará a coñecer o seu traballo.
Dosier de A onda sonora (chega do interior).O Sonoro MaxÃn continúa agora unha intensa xira que ten no Porriño (28 de abril) en Bueu (29) as súas vindeiras paradas. O grupo prevé participar tamén na homenaxe aos Resentidos o vindeiro 12 de maio, no Festival de Cans e mais no festival Derrame Rock. Para os dÃas 10 e 11 de xuño anuncian unha xira itinerante polos barrios de Ourense que dará a coñecer o seu traballo.