Alberto Vilas Quinteto presenta Experianza

O proxecto debuta no estudio e inicia xira de presentación

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Esperianza de Alberto Vilas Quinteto

Capa de Esperianza de Alberto Vilas Quinteto

Un jazz con fortes pegadas do son americano dos anos 40, 50 e 60. Altas doses de improvisación con músicos chegados de xéneros como o blues, o tango ou a música clásica entre outros que se agrupan arredor do músico que nomea o proxecto. Experianza, o álbum debut de Alberto Vilas Quinteto chega ás tendas da man do selo Azos Jazz, coordinado por Abe Rábade. O pub Clavicémbalo, de Lugo, acolle o venres 27 de abril o comezo da xira de presentación da obra, que continuará polo Porriño (30 de abril), A Coruña (2 de maio) e O Grove (5 de maio).

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Abe Rábade, Blues, Porriño...

Claves

Protagonistas
Conceptos