Pablo Vidal Trío debuta con Jazz pagano

O Jazz Filloa da Coruña acolle hoxe o comezo da xira de presentación

6/5/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Jazz Filloa acolle ás 10 desta noite a presentación de Jazz pagano o disco co se presenta Pablo Vidal Trío. A formación conta co propio Vidal ao contrabaixo, a quen acompañan Noli Torres na batería e Gabriel Peso a cargo do piano. O álbum, editado por Aldeaglobal sons, achega oito temas dedicados ao mar, e fai parte dunha tetraloxía que o grupo pretende completar no futuro. Canda aos músicos, pódese escoitar a voz de Uxía en O canto da serea e en Alalá das sereas onde se evidencia a intención de traballar nunha fusión entre jazz e tradición galega.

Logo da estrea na Coruña, o grupo visitará o Náutico de San Vicente o día 9, o Café Catro a Catro de Vigo o 10, a Casa de Arriba, tamén na Cidade Olívica o 12, o compostelán Dado Dadá o 20 e o auditorio de Vilagarcía o 21.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, A Coruña, Uxía Senlle, Vigo...

Claves

Protagonistas
Conceptos