Mandala é o quinto álbum de Carlos López

O batería de jazz gravouno entre Amsterdam e Berlín

25/1/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un novo traballo en solitario, o quinto, abre o ano 2016 para o batería de jazz Carlos López. Mandala. No mesmo, o compositor dá un xiro á súa proposta estilística. Segundo explica no seu propio web, as composición "manifestan unha clara deriva cara á tradición do jazz europeo e mesmo do free jazz, sen abandonar por isto claras referencias ao jazz contemporáneo americano". O proxecto, que ve a luz baixo a etiquexa Jazz Activist, conta con colaboracións de once músicos de Berlín e de Amsterdam, onde se gravou, canda a nomes como Virxilio Da Silva, á guitarra, Xavi Torres ao piano ou Joel Illerhag ao contrabajo como formación básica.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Carlos López, Berlín, Virxilio

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares