Virxilio da Silva ponse á fronte dun quinteto e asina o traballo Odysseia

O guitarrista contou con músicos estadounidenses e co galego Xan Campos para a gravación

11/2/2010 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Formado no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra o guitarrista Virxilio da Silva presenta o primeiro disco asinado baixo o seu nome con título Odysseia. Da Silva, que con vintecinco anos é unha das actuais promesas do jazz, lidera nesta gravación a un conxunto de músicos estadounidenses e galegos conformando un quinteto no que, ademais do guitarrista, participan Walter Smith III (saxo tenor), Derek Nievergelt (contrabaixo), Marcus Gilmore (batería), e Xan Campos (Fender Rhodes). O disco ofrece seis temas orixinais de Virxilio da Silva e dous arranxos de estándares do jazz, foi gravado o 19 de xullo de 2008 no Teatro Principal de Pontevedra e está editado polo selo Free Code JazzRecords, de Paco Charlín. Virxilio da Silva participa tamén de outros proxectos musicais nacidos ao abeiro do Seminario Permanente de Jazz como o S.O.S. Trío.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Virxilio, Pontevedra, Teatro...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares