Sae a nova gravación do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra

É o quinto volume destas gravacións en directo no Teatro Principal

19/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra ven de presentar o seu novo traballo discográfico que fai o quinto volume das súas gravacións. Jazz Live! No Principal Vol.V (Free Code Jazzrecords) recolle oito temas gravados ao vivo que foron escollidos dentro das tres actuacións do ciclo Jazz no Principal 2009 nas que participaron como artistas convidados o batería catalán Marc Ayza, o contrabaixista arxentino Demian Cabaud e o saxofonista cubano Román Filiú, todos eles acompañados polo SPJ Group.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Pontevedra, Teatro

Claves

Conceptos
Lugares