Editado o cuarto volume do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra

O disco recolle oito temas gravados en catro actuacións do ciclo Jazz no principal 2008

31/3/2009 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, xunto co Concello e o Pazo de Cultura desa cidade veñen de presentar a o novo traballo discográfico resultado dos concertos organizados polo SPJ. JAZZ LIVE! No Principal Vol.IV ( Free Code Jazz Records, 2009) recolle en pusoc máis dunha hora oito temas gravados ao vivo escollidos de entre as catro actuacións do ciclo “Jazz no Principal 2008”, en febreiro e marzo dese ano, nos que o SPJ-Group estivo acompañado polo vibrafonista malagueño Arturo Serra, o harmonicista Antonio Serrano, o trompetista valenciano Voro García e o saxofonista estadounidense Bobby Martínez. O pasado sábado 28 de marzo celebrouse o último concerto do ciclo do 2009 no que o SPJ Group estivo acompañado polo saxofonista cubano Román Filiú.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Pontevedra

Claves

Conceptos
Lugares