O Seminario de Jazz de Pontevedra presenta o seu novo disco

A XIV edición celebrará o seu concerto fin de curso o vindeiro 14 de xuño

11/6/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un doble disco con 24 temas recolle o traballo do 13 Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Trinta e tres músicos amosan o seu bo facer a interpretar dúas ducias de temas que van desde clásicos de Bill Evvnas, Duke Ellington ou Jay Livingston ata composicións de Abe Rábade, Pedro Freijeiro ou Antonio Castillo entre outros. O álbum, que sae editado pola discográfica galega Freecode Jazz Records, gravouse en xuño do pasado ano no Teatro Principal de Pontevedra. Precisamente este espazo acollerá o vindeiro domingo 14 de xuño o concerto fin de curso da décimo cuarta promoción do Seminario.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Pontevedra, Abe Rábade, Teatro...

Claves

Protagonistas
Lugares