Lugo inaugura hoxe a décima edición do Festival de Jazz

Jazz, de festival

15/11/2000 | Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

A festival de Jazz de Lugo chega á súa décima edición. E faino traendo á cidade das Murallas ó saxofonista norteamericano Ricky Ford, acompañado polo "Milestones Trío". Jazz Lugo 2000 inicia así cinco días de música que acollerá a grupos como Baldo Martínez Group.

Inauguración


Con Ricky Ford (Boston, 1954) chega a Lugo imporivisación e tendencia ó bebop, con sons qu recordan a Hawkins, Stan Getz ou Rollins. "Ricky´s choice" é o título do seu último traballo que se poderá escoitar de balde no Círculo das Artes a partires das 20:30. E hoxe tocará acompañado por Carlos González (na bactería), Richie Ferre (contrabaixo), Fabio Miano (piano), é dicir, "Milestones Trío". Ademais, no Círculo tamén estará "Ramón Díaz Group", o grupo liderado polo tinerfeño Ramón Díaz que ofrecerán un repertorio con grande variedade rítmica.




Programa

O programa do X Festival de Jazz trae a Lugo mañá a Baldo Martínez Group, destacado fundador de numerosos grupos de jazz e destacado pola experimentación e a fusión de novos ritmos. O venres Carme Canela e Laura Simó, vólvense xuntar para ofrecer un concerto que recolle os movementos do jazz, gospel ou funk.





Escobijazz

Escobijazz leva dende novembro de 1989 organizando, e dinamizando o ambiente sociocultural do jazz en Lugo. Unha iniciativa que xa está asentada e que permite desfrutar de programas como o que conforma a edición deste ano. O cometido desta asociación é o de promover o interese por este xénero musical e organizar actividades e concertos.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Lugo, Ramón Díaz, Xénero

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares