A actividade musical de Galicia continúa chea de sons de jazz. Despois do concerto de Michel Camilo e de Tomatito na Coruña e da actuación do Benny Green Trio en Ourense, chegan Alberto Conde, Baldo MartÃnez e Nirankar Khalsa a Samil e o guitarrista Frank Gamale a Compostela. Cambiando de estilo, chega Vigo o Festival Hardcore Unity Tour con grupos de talla internacional coma Ignite ou SNFU.
Jazz
O Café MachÃn de Samil acolle ás doce desta noite o concerto do trÃo formado por Alberto Conde, Baldo MartÃnez de Nirankar Khalsa, que interpretarán unha serie de piezas baseadas en composicións populares de Galicia. O trÃo interpretará os temas mesturando o piano o contrabaixo e a baterÃa, nun estilo de etno-jazz que xa practicaran por separado os seus compoñentes con discos coma "A lagoa dos Atlantes", de Alberto Conde ou "Juego de niños", no que Baldo MartÃnez introducÃa a zanfoña nas composicións de jazz. Compostela tamén terá a súa ración de jazz coa actuación do guitarrista Frank Gamble, destacado músico que á edición de numerosos discos suma o mérito de ter deseñado varios modelos de guitarras para yamaha. Entre as súas influencias cita a Eric Clapton, Mayal, Hendrix, Jimmy GarcÃa ou Chick Corea. O concerto comezará ás oito e media na Aula de Cultura de Caixa Galicia.
Hardcore
A noite do venres terá en Vigo os sons máis duros. A Sala Anoeta acolle desde a nove o Festival Hardcore Unity Tour que, promovido pola empresa Janie Jones, achetga á Cidade OlÃvica grupos de recoñecido prestixio internacional coma os californianos Ignite ou os canadianos Snfu. Ignite está por Europa a presentar o seu último traballo "A place called home" e despois do grande éxito que supuxo o seu tema "Veteran". Onda eles e Snfu, actuarán os Deviotes, os Venerea e os Power House. Para o sábado achegaranse á mesma sala os asturianos Fe de Ratas. O prezo para o festival é de 2.000 pesetas en venda anticipada e de 2.300 en billeteira.