Alberto Conde Trío presentan o seu último disco en concerto en Ourense

Andaina

13/6/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

A Praza Maior de Ourense acollerá este sábado durante as Festas do Corpus un concerto do trío formado por Alberto Conde, Baldo Martínez e Nirankar Khalsa no que presentarán o seu último traballo discográfico. En “Andaina” (Karonte Jazz) presentan dez temas dos que seis son de composición propia de Alberto conde e catro son versións como o “Teño saudade”, de Andrés Dobarro, “Time remenbered” de Bill Evans e dous arranxos sobre cancións tradicionais galegas. Igual que na gravación do disco, o directo conta tamén, coa colaboración puntual de tres artistas invitados de recoñecido prestixio, o guitarrista flamenco Cuchús Pimentel, o saxofonista Roberto Somoza e a voz de Maite Dono. Con “Andaina” o Alberto Conde Trío fai unha viaxe de ida e volta entre Galicia e Latinoamérica interpretando o fenómeno da emigración desde o jazz.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

28/10/2009

Ao ritmo de Novoneyra

Baldo Martínez e Maite Dono adaptan o homenaxeado no Día das Letras en Sons-Nús

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Jazz, Latinoamérica

Claves

Conceptos