Concertos en Ourense e na Coruña traen a Galicia músicos de fama internacional

Jazz de primeira liña

2/4/2001 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Tres dos artistas máis considerados nos ciclos jazzisticos internacionais achéganse a Galicia esta semana. O dúo de flamenco e jazz que forman Michel Camilo e Tomatito actuará na Coruña o venres, e o trío de Benny Green está esta mesma noite en Ourense.

Michel Camilo e Tomatito

O espectáculo de fusión de flamenco e jazz que están a levar en xira mundial o guitarrista andaluz Tomatito e o pianista dominicano Michel Camilo, chega á Coruña o vindeiro venres. O concerto, que se desenvolverá no Palacio da Ópera é a presentación do seu disco conxunto "Spain", que foi galardonado co Grammy ó mellor disco latino o pasado ano. As entradas poden adquirirse desde hoxe a un precio que rolda entre as mil cincocentas e tres mil pesetas. Os dous artistas contan cunha ampla traxectoria en cadanseu estilo e están considerados entre os mellores intérpretes dos dous xéneros.

Benny Greeen Trio

O Café Latino de Ourense ofrece esta mesma noite un concerto do trió do pianista de jazz Benny Green. Green, a quen acompañan Brandon Owens ó contrabaixo e Rodney Green á batería, ten colaborado con destacados músicos deste estilo musical, coma Oscar Péterson, Eddie Henderson, Walter Bishop ou Bobby Waterson entre moitos outros. O seu bo facer co instrumento valeulle en 1993 o premio Glen Gould International Protégé Price, que se outorga en Toronto.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Ourense, A Coruña, Espectáculo...

Claves