Michel Camilo e Eddi Palmieri son os principais reclamos do Festival de jazz de Ourense

Maio de jazz

6/5/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O final deste mes de maio terá como banda sonora o jazz. Se esta fin de semana coñecíamos o programa dunha nova xeira do Imaxina Sons, onte deuse a coñecer o cartel da duodécima edición do Festival Jazz de Primavera de Ourense que comeza o xoves. Unha cita que contará coa presenza de Michel Camilo e Eddie Palmieri, que suman entre os dous unha ducia de Grammys e son os principais reclamos. Pero non son os únicos, Jorge Pardo, o cuarteto Arguy ou o trompetista Randy Brecker estarán por Ourense neste certame que se prolonga ata o 28 de maio.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares