O fillo de Clint Eastwood, un dos reclamos do XV Festival de Jazz de Ourense

Entre as novidades destaca unha master class sobre jazz flamenco no Conservatorio Profesional

3/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Mañá arrinca en Ourense unha nova edición dunha das súas citas habituais, o Festival de Jazz Primavera. Un encontro que cumpre quince anos e que conta coa presenza do guitarrista norteamericano AL Di Meola (é a súa terceira visita a Ourense) e o Kyle Eastwood, fillo do coñecido director e actor de cine. De feito Kyle é o compositor das bandas sonoras das últimas películas do seu pai. A programación deste ano, que se estende ata o 20 de maio, abranguerá diferentes modalidades como o jazz flamenco. Precisamente entre as novidades está prevista unha máster class sobre este estilo, que impatirá Jorge Pardo, coñecido por acompañar a Paco de Lucía por todo o mundo. O festival tamén contará con jazz galego, que participará o grupo Abuña Jazz.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Ourense, Cine

Claves

Conceptos
Lugares