O XVII Festival de Primavera achega a Ourense dez bandas de Jazz

Celebrarán catorce concertos entre os días 7 e 29 de maio

2/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Cartel do Festival de Primavera

Maio soará a jazz un ano máis en Ourense. O Festival da Primavera comeza o vindeiro día 7 unha programación na que conta con dez bandas que impartirán un total de 14 concertos na cidade. O Harold Mabern Trío abrirá o ciclo, que conta con nomes coma Jorge Pardo, Tom Harrel e Pat Martino entre outros. Nani García, Jambo Cuarteto e Marcos Pin compoñen a representación galega do evento, que organiza o Café Latino co apoio do Concello e da Fundación Florencio Álvarez.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Ourense, Nani García

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares