
Outras citas cos eventos musicais van tamén presentando menús máis ou menos pechados. É o caso da vindeira Romería Rock Arenteiro 2018 de O carballiño. A promotora Telecaster Events ven de confirmar a actuación da banda de psichobilly 13 Bats completando o cartel artístico do evento. O vindeiro 26 de maio o Parque Municipal da localidade ourensá acollerá ademáis as actuacións de El Último Ke Zierre, Dakidarría e Susie Q's. Tamén actuarán a formación local Nube Kingston e 33 Malandras, revelación no Festival Cultura Inquieta 2017. Novas confirmacións chegan tamén ao cartel do Rockin'Vila a engadirse as xa coñecidas de Sés e Barbiitúricos. Terbutalina, IGMIG, Sondarúa, Kings of The Beach, Funkiwis, Brinkadelia Troupe e Aula 11 engádense agora ao evento que terá lugar en Vilanova de Arousa os días 10 e 11 de agosto. E para finalizar o repaso das novas festivaleiras desta semana o Rockin'Carballo ven de confirmar data para o vindeiro 30 de xuño e presentar o seu impactante deseño de cartel para esta edición baseado neste caso na imaxe de Jim Morrison. Aínda non hai propostas artísticas para este evento,