A fusión co flamenco protagoniza o XVIII Festival de Primavera

O Café Latino acolle o encontro entre o 23 de abril e o 24 de maio

10/4/2014 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: música
6 lecturas | Compartido 0 veces

O jazz volta a Ourense na XVIII edición do Festival de Primavera. O Café Latino acolle o groso da programación dunha xeira que protagonizan o flamenco e a homenaxe a Paco de Lucía. En total son doce concertos entre o 23 de abril e o 24 de maio, nos que participan artistas como Jorge Pardo, Josemi Carmona, Javier Colina, Chano Domínguez, Diego Amador ou José Ruiz “Bandolero”. Hugo Alves con Eric Alexander e Abe Rábade Renee Rosnes, Jerry González, Tony Miceli, Diego Amador con Llibert Fortuny e Romaní-Mitchell Swing Serenaders son outros dos músicos que participan no evento.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares