Jazz para escolares no programa do XIII Festival de Jazz de Primavera de Ourense

Unha "jam session" xuntará a tres grandes figuras internacionales o 17 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Hoxe ás 23 horas no Café Latino, epicentro da afección ourensá ao jazz, dará comezo a XIIIª edición do Festival de Jazz de Primavera de Ourense co espectáculo musical The Charlie Parker Legacy Band. O programa musical desenvolverase ata o 29 de maio e, como novidade inclúe catro concertos para escolares por parte da New Orleans Blue Stompers o 21 e 22 no Auditorio Municipal de Ourense coa fin de achegar este estilo musical aos cativos. A organización do evento destaca a actuación o día 17 de The Trumpet Summit Band coa presenza de Terell, Jon Faddis e Randy Brecker -que ten acompañado a Sinatra, Springsteen ou Clapton- nunha previsiblemente espectacular jam session debido á calidade dos tres artistas. O 28 de maio tamén está prevista a actuación de Abe Rábade presentando o seu disco Open doors.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Abe Rábade, Espectáculo, Auditorio Municipal de Ourense

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares