Preséntase a primeira promoción de titulados de Jazz

Ao tempo, nace a Asociación de Jazz da Mariña

8/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Jazz está de actualidade. Logo da celebración, o pasado día 30 do día internacional dedicado a este xénero musical, o vindeiro mércores ás 13 horas, o Conservatorio Superior de Música da Coruña presentará a primeira promoción de titulados de jazz de Galicia. No acto presentarse o DVD do espectáculo Galitalia Jazz Meeting na que paraticipou a big band do conservatorio, dirixida por Kin García, e actuará esta formación.

Tamén nestes días, concretamente o pasado venres, deuse a coñecer Amajazz, a Asociación de Jazz Mariña. Co obxectivo fundamental de asumir a organización do do V Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, a entidade pretende promover concertos, ciclos de formación e todo tipo de actividades arredor do xénero.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Xénero, Espectáculo, DVD...

Claves

Entidades