Músicos da provincia lucense presentan a big band Murajazz

Os membros da formación potenciaron unha asociación para achegar o jazz aos cativos

24/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Unha vintena de profesores e alumnos de distintos centros de formación musical de toda a provincia de Lugo conforman Murajazz. Trátase dunha orquestra de jazz que pretende potenciar este xénero na provincia e se presentará formalmente o venres cun concerto no auditorio do Centro de Interpretación das Insuas en Rábade. O grupo conta cun repertorio do jazz dos anos 40 e 50, aínda que tamén contará cun oco para a bossa nova e os sons latinos. Os integrantes de Murajzz impulsaron tamén a creación da asociación Sons do Miño, coa que queren achegar este xénero musical ao máis cativos, para crear unha canteira de músicos de jazz.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Xénero, Miño, Lugo

Claves

Conceptos
Lugares