Fluorescencias con jazz

Galitoon achega o jazz aos máis pequenos a ritmo de muppets

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escénicas
Compartir:
Fluorescencias con jazz

É a historia dun can cheo de pulgas ao que dous felinos vagamundos lle rouban o seu oso e coa axuda dun rato consegue recuperar o seu tesouro. A ritmo de jazz e facendo referencias aos debuxos americanos dos anos cincuenta, Galitoon conta unha historia sinxela sobre a amizade. Ademais, Botazz! O swing do jazz foi unha proposta do Imaxina Sons, o festival de Jazz do concello de Vigo, que quixo achegar este estilo musical aos máis pequenos. O resultado é unha obra de jazz para nenos contada con bonecos luminosos e música en directo.

Espectáculo: Botazz! O swing do jazz.
Duración: 50 minutos.
Xénero: Infantil.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Déixate sorprender

Déixate sorprender

O Imaxina Sons celebra a sexta edición fiel á súa busca do máis novidoso do jazz

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Concello de Vigo, Espectáculo, Xénero

Claves

Entidades
Lugares