Outro Felipe Villar Trío

A formación publica o seu segundo traballo e inicia xira de presentación

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Outro Felipe Villar Trío

Un ano despois de Home, Felipe Villar Trío volta á escena discográfica con Outro. Logo de participar no ciclo Girando por Salas, a formación composta por Felipe Villar á guitarra, Jose Manuel Díaz ao contrabaixo e Max Gómez á batería lanza nove temas nos que a experimentación no jazz combínase con aires melódicos na guitarra de Villar. O volume, editado por Free Code Jazz Records, pódese escoitar en BandCamp e na páxina do músico. A xira de presentación comezou o pasado 4 de marzo no coruñés Jazz Filloa, e continuará por Vigo (17 e 18), e diferentes salas do Estado ata voltar a Compostela o 19 de xuño.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Manuel Díaz, Vigo, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Conceptos