Xacobe Martínez Antelo Cuarteto lanza Jazz from Galiza!!

O Salón Teatro acolle hoxe o concerto de presentación do disco

13/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Jazz from Galiza!! é o título do novo traballo do Xacobe Martínez Antelo Cuarteto. A obra, publicada por Free Code Jazz Records, é a primeira da formación que compoñen Rosolino Marinello e Fernando Sánchez ós saxos, Max Gómez á batería e o propio Martínez Antelo ao contrabaixo. O proxecto, gravado en parte ao vivo, recolle composicións orixinais que exploran as máis diversas variantes do jazz, desde o free ao melódico. Un concerto do ciclo ST Música Presente no Salón Teatro de Santiago serve hoxe ás 21 horas de presentación ao lanzamento.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Teatro, Salón Teatro

Claves

Entidades
Conceptos