O quinteto de Xacobe Martínez Antelo presenta o seu primeiro disco

Jazz é isto

27/12/2006 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
O contrabaixista Xacobe Martínez, un dos membros do trío Sumrrá, presenta estes días na Sala Nasa de Santiago o seu novo traballo “Isto é Jazz!!!” (Free Code Jazz Records). No disco Martínez actúa como líder do quinteto co seu nome á fronte, e achega nove cortes da súa propia composición nos que rende unha homenaxe ao trío de Thelonius Monk , Charles Migus e John Coltrane. Con Xacobe Martínez están no quinteto Pablo Castaño, saxo alto; Toño Otero, saxo tenor; Marcelino Galán, guitarra e Max Gómez na batería. Martínez manterá o quinteto en paralelo á súa actividade con Sumrrá cos que xa ten dous discos.

Máis información no web de Xacobe Martínez

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Sumrrá, Cortes, NASA...

Claves

Conceptos