Primeiro disco do Xacobe Martínez Antelo Trío xa á venda

Pablo Castaño e Max Gómez acompañan ao contrabaixita compostelán na formación

13/5/2009 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

O Xacobe Martínez Antelo Trío é o segundo proxecto baixo o nome deste contrabaixista compostelán que tamén ostenta a titularidade dun quinteto e participa doutros proxectos musicais como U-lo Trío ou Sumrrá. O trío preséntase agora no mercado discográfico cunha gravación homónima do grupo e na que o contrabaixista, xunto ao saxofonista Pablo Castaño e o batería Max Gómez ofrecen nove cortes de jazz contemporáneo do seu repertorio orixinal. O disco Xacobe Martínez Antelo Trío está editado baixo o selo pontevedrés Free Code Jazz Records e xa pode mercarse na rede.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Cortes, Sumrrá

Claves

Entidades
Conceptos