Despois de visitar os sons da Guerra Civil no seu anterior traballo, o dúo composto por Antonio Bravo e Germán DÃaz volve a ollada á Primeira Guerra Mundial no seu novo traballo. Músicas populares de la Gran Guerra é un álbum no que a Brigada Bravo & DÃaz reinterpreta once temas desta época rescatados polo fondo de dixitalización de cilindros de cera da Biblioteca da Universidade de California, Santa Bárbara. Zanfona, guitarra e caixas de música únense nun proxecto acústico que mantén o caracterÃstico son do dúo, con altas doses de improvisación e toques de jazz. O álbum sae publicado da man de Producciones EfÃmeras, o selo que mantén o zanfonista de Valladolid afincado desde hai anos en Cospeito. Logo de comezar na Arca de Noe, en Vilar de Santos, e de pasar polo Museo Galego da Marioneta, en LalÃn, a xira de presentación continúa este dÃa 19 na compostelá Casa das Crechas. O teatro do Ribadeo (20 de xaneiro) e o Clavicémbalo do Lugo (dÃa 21), son as vindeiras citas previstas no noso paÃs.